Esquecinme de dicir que aqueles que teñan actualizada a súa Ubuntu á
versión beta de Feisty, poden probar as traducións diarias engadindo

    deb http://people.ubuntu.com/~pitti/langpacks/daily/feisty/ ./

no seu "/etc/apt/sources.list"


Felipe Gil Castiñeira wrote:
> Ola a todos,
>
> Acábase de abrir a tradución de Ubuntu Feisty (7.04), que será publicada
> en abril (probablemente o día 19):
> https://launchpad.net/ubuntu/feisty/+lang/gl
>
> Esta apertura retrasouse máis do agardado, pero de momento quédanos
> tempo para traducir as cadeas máis importantes e para corrixir os erros
> máis visibles.
>
> Aproveito de novo para pedirvos (especialmente aos usuarios de Ubuntu) a
> colaboración na detección das traducións erróneas, de xeito que se podan
> modificar antes de que se conxelen as cadeas para a versión definitiva. 
> Podedes informar dos erros que detectedes en
> ubuntu-l10n...@lists.ubuntu.com.
>
> Un saúdo!
>
> P.S.: O aviso orixinal está en
> https://lists.ubuntu.com/archives/rosetta-users/2007-March/002113.html
>
>
>
>
>
>
>
>   

Responderlle a