Segundo di Henrique Ferreiro no bug (https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165/comments/7), o problema estaba na tradución de apt, concretamente na entrada 24 (https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+translate?start=20)

Acáboo de corrixir, teño a impresión de que os scripts de Rosetta tomaron unha cadea da tradución doutro paquete que non correspondía, pero non o podo asegurar.

Desafortunadamente agora mesmo en Ubuntu non se ofrecen as actualizacións diarias dos paquetes de idioma (curiosamente, porque están usando o servidor que as ofrecía para as descargas de Feisty).

Como solución "manual" pódese copiar o ficheiro "apt.mo" que está adxunto a /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/apt.mo (tamén se pode descargar de https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+export)

Un saúdo.
   Felipe.


P.S.: Dani, moitas grazas polo aviso, descoñecía este problema.

Dani Muñiz wrote:
Ola:
Quería saber como está isto do lsb_release
,
https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165

é o fallo da lsb_release que so afecta aos que teñen o galego como idioma.

hoxe instalei o ubuntu 7.04 e o erro segue aí, no chuxa alguen da unha solución

http://chuza.org/historia/poden-fallar-aplicacions-na-ubuntu-en-galego-por-un-bug-na-localizacion-de-apt

Que está a pasar? podo axudar a algo para solucionar isto?

Saudos


Attachment: apt.mo
Description: Binary data

Responderlle a