Segundo di Henrique Ferreiro no bug [1], o problema estaba na tradución de apt, concretamente na entrada 24 [2].

Acabo de corrixir o problema, teño a impresión de que os scripts de Rosetta tomaron unha cadea da tradución doutro paquete que non correspondía, pero non o podo asegurar. Desafortunadamente agora mesmo en Ubuntu non se ofrecen as actualizacións diarias dos paquetes de idioma (curiosamente, porque están usando o servidor que as ofrecía para as descargas de Feisty).


Como solución "manual" pódese copiar o ficheiro "apt.mo" que se pode descargar de [3] a /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/apt.mo. Tenteino mandar como adxunto noutro correo, pero era demasiado grande para a lista. Se alguén o quere, pódemo pedir e mándollo por correo.

Un saúdo.
    Felipe.

P.S.: Dani, moitas grazas polo aviso, descoñecía este problema.

[1]https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165/comments/7
[2]https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+translate?start=20
[3]https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+export

Dani Muñiz wrote:
Ola:
Quería saber como está isto do lsb_release
,
https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165

é o fallo da lsb_release que so afecta aos que teñen o galego como idioma.

hoxe instalei o ubuntu 7.04 e o erro segue aí, no chuxa alguen da unha solución

http://chuza.org/historia/poden-fallar-aplicacions-na-ubuntu-en-galego-por-un-bug-na-localizacion-de-apt

Que está a pasar? podo axudar a algo para solucionar isto?

Saudos


Responderlle a