boísimo o open-tran!! (http://gl.open-tran.eu/)

quen o manten? cando te refires a 90 euros ano, quen paga isto?

como é que non temos ligazón desde trasno? podo poñela?

sorte cos fusibles!


pd. por favor, a ver se o que manten a lista pode cambiar o correo de resposta para proxecto@trasno.net en lugar de quen enviou.

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


mvillarino escribiu:
Pois estaba eu a acabar de escreber unha mensaxe contestando á de
Daniel, referente aos sistemas de bases de dados de traducións, cando
nisto cai un lóstrego sobre Burela... e nen SAI nen pollas, o
ordenador non dá sinais de vida.
En fin, menos mal que o SAI non está queimado. A ver se o luns miro os
fusíbel da fonte de alimentación.

Pois a ver se lembro o que dicía:

Coñezo tres sistemas de bases de dados de traducións:

-kbabeldic: a ferramenta de dicionario de kbabel en realidade é unha
base de dados de traducións, que podes povoar cos ficheiros que
queiras, e que che permite pesquisar tanto pola cadea orixinal como
pola traducida. Non a teño moi recente, pero algunha vez teño usado
dela, hai que xogar coas opcións de pesquisa para que saian resultados
bons.

-Korrect/Kartouche: os galeses fixeron unha interface web de tradución
(kartouche), e despois engadiron outra aplicación, que garda nunha
bbdd MySQL as traducións para facer consultas nela. Procura en
internet e non ha perda.

-Open-tran.eu : é o que veño usando. Consulta gl.open-tran.eu A
infraestrutura neste caso é SQLite (+python, iirc usa as
translate-tools), o código fonte está en code.google. Na actualidade
inclúe as traducións de gnome (trunk) e kde (stable). En outros
idiomas tamén están indexadas as de mozilla e non sei se tamén as de
oo.org.
Este servizo custa 90€/ano, para que vexas o grandísimo esforzo que supón.

Nas translate-tools hai unha ferramenta que é a reostia: poconflicts,
que procura traducións inconsistentes nos ficheiros, tanto palabras
inglesas traducidas de distintas maneiras en galego como palabras
galegas usadas para diferentes palabras inglesas. Non é fiábel de
todo, pero menos dá unha pedra.

Recoméndoche que probes open-tran durante un par de semanas, verás que
non quedarás decepcionado. (gl.open-tran.eu)

E desexádeme sorte co coppermine.


Responderlle a