Pois estaba eu a acabar de escreber unha mensaxe contestando á de Daniel, referente aos sistemas de bases de dados de traducións, cando nisto cai un lóstrego sobre Burela... e nen SAI nen pollas, o ordenador non dá sinais de vida. En fin, menos mal que o SAI non está queimado. A ver se o luns miro os fusíbel da fonte de alimentación.
Pois a ver se lembro o que dicía: Coñezo tres sistemas de bases de dados de traducións: -kbabeldic: a ferramenta de dicionario de kbabel en realidade é unha base de dados de traducións, que podes povoar cos ficheiros que queiras, e que che permite pesquisar tanto pola cadea orixinal como pola traducida. Non a teño moi recente, pero algunha vez teño usado dela, hai que xogar coas opcións de pesquisa para que saian resultados bons. -Korrect/Kartouche: os galeses fixeron unha interface web de tradución (kartouche), e despois engadiron outra aplicación, que garda nunha bbdd MySQL as traducións para facer consultas nela. Procura en internet e non ha perda. -Open-tran.eu : é o que veño usando. Consulta gl.open-tran.eu A infraestrutura neste caso é SQLite (+python, iirc usa as translate-tools), o código fonte está en code.google. Na actualidade inclúe as traducións de gnome (trunk) e kde (stable). En outros idiomas tamén están indexadas as de mozilla e non sei se tamén as de oo.org. Este servizo custa 90€/ano, para que vexas o grandísimo esforzo que supón. Nas translate-tools hai unha ferramenta que é a reostia: poconflicts, que procura traducións inconsistentes nos ficheiros, tanto palabras inglesas traducidas de distintas maneiras en galego como palabras galegas usadas para diferentes palabras inglesas. Non é fiábel de todo, pero menos dá unha pedra. Recoméndoche que probes open-tran durante un par de semanas, verás que non quedarás decepcionado. (gl.open-tran.eu) E desexádeme sorte co coppermine.

