Aplauso xeral!!. Si señor!. 

Parece mentira que os galegos teñamos un equipo máis en forma cós italianos, 
ou proporcionalmente cos alemás, que se quedan arredor do 90% e mesmo 
españolitos que sendo 400 millóns (according to the RAE) non chegaron ó 100%. 

Será que somos moi traballadores?

O obxectivo agora é ter ó 100% a tradución pra KDE 4.1 (que se espera pr 
último cuarto de ano)!!

> 82,6% traducidos den KDE 4.0.0, grandioso!
>
> Estes últimos días pensei que non o íamos lograr, pero ahí o Xabi portouse
> ao final ;-)
> Pola miña banda, irei tomar uns días para adicarme a Keme, e logo, voltarei
> a ver se logramos chegar ao 90%.
>
> Gostaríame aproveitar para darlle algo de publicidade ao proxecto  RKWard,
> que para finais de mes saca versión (0.5.) para kde4, a ver se alguén se
> anima a traducilo (é pequeno). Vai de estatística --veña machotes, que xa
> nos coñecemos todos e sabemos que hai moitas carreiras polo mundo adiante
> onde se fai máis uso da análise matemática e da estatística multivariante
> do que parece }-) --

Non estaría mal traducilo, eu úsoo e se alguén se une a moción metémoslle man 
máis adiante.

Responderlle a