O Venres, 4 de Xaneiro de 2008, Miguel Branco escribiu:
On Friday, 4 de January de 2008, you wrote:
> Será que somos moi traballadores?

Que vá ho!, é que estamos a adestrar para as olimpiadas ;-)

> O obxectivo agora é ter ó 100% a tradución pra KDE 4.1 (que se espera pr
> último cuarto de ano)!!

Pois como durante este ano sigan ao ritmo de anovar cada semana o 1% das 
mensaxes, como durante o 2007, para min que non.

Xa sen bromas, estamos moi ben posicionados: case todos os módulos están moi 
completos, e os que están máis en bragas son os máis gorentosos (koffice, 
kdeedu, kdepim), e destes, unha parte interesante non é publicado á vez que 
4.0.0, como é o caso de kdepim e koffice, que levan o seu proprio ciclo.

No que se refere ás partes traducidas, cando menos pola miña banda, non nos 
limitamos a completar as non traducidas e as dubidosas, senón que se foi 
revisando todos os textos, o que permiteu corrixir boa cantidade de mensaxes,  
así como uniformizar moito o estilo e a norma ortográfica (eliminando a norma 
de mínimos que eu mesmo tiña introducido).
---Porén , ao non dispor de corrector ortográfico, non podo garantir que non 
teña fallos de ortografía, a ver con kaider e sonnet.---

E isto que permite? Pois pola miña banda, sei que cando no futuro estexa a 
traballar nun módulo ao que lle teña metido mao, podo concentrarme só  nas 
mensaxes sen traducir e dubidosas, e validar automaticamente as traducidas, o 
que evidentemente acelera moito o traballo de facer mantimento. Ademáis, sei 
que en koffice e edu non usei ortografía reint., ademáis que koffice xa foi 
mirado por Miguel, polo que se algún día entro neses dous módulos (cousa que 
non teño vontade para facer), podo caseque de certo ir direito á cerna do 
traballo.

Buf, alóngome de máis, debe ser o andazo de gripe, que me pillou. Até logo.

Nota: lembraime que vos pase a "guía de tradución de frases recorrentes" que 
me fixen.
-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

Responderlle a