2008/5/4 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:

> Olá xentes,
> a ver, que anovei a w.c. do repositorio, e atópome cunha desagradábel
> sorpresa chamada (redobran os tambores)... ktabedit
> Como eu non teño a máis p. idea de música e notación musical, pois vou
> amargarvos a existencia durante uns días.
> Van ser unha barbaridade de dúbidas.
>
> A ver, comezamos:
> strumming pattern


Non me soa, pero mirarei de preguntar... dame a min que é a estrutura  do
ritmo co que se golpean as cordas nuha guitarra, por exemplo, se D é abaixo
e U arriba: D D U D U D D D...


> dotted note


Cando unha nota está punteada, engádeselle a metade da súa duración; é
dicir, se unha
negra vale dúas corcheas, unha negra punteada vale tres corcheas.


> triplet note
>

Isto é o que se chama un tresillo... non sei explicarche moi ben que é (as
miñas clases de guitarra reducíronse a tres meses de un día á semana... e
sen dedicarlle moito tempo ademais :-P), pero é como se fixeses que tres
notas da mesma duración desen a sensación de formar unha unidade .


>
> .....
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Terei que mirar ese programa... ata o de agora probara tuxguitar e kguitar,
pero non me acababa de acomodar.
Un saúdo!


-- 

Xabier Villar

Responderlle a