O Martes, 13 de Maio de 2008, Leandro Regueiro escribiu: > > Aviso, Marce: corrixideme se me engano, pero creo que o noso coordinador > > dixo haberá un mes que o deixaba por motivos persoais (só a tradución, > > entendín). Se isto é así intentarei leva-los módulos de koffice o kdepim > > (que 'levaba' el). Intentarei chegar onde poida con eles. Até onde eu sei, non sei nada.
Prefiro que entres en kdeedu e kdenetwork, se non che importa. Eu agora estou percorrendo de módulos breves a longos, e no cume están edu e office, e adicionalmente, kdenetwork está praticamente nas túas maos, e nas de xgf. Na actualidade estou que-chego-que-non-chego a kdebase. > Nisto xa non me meto, pero se o coordinador está medio desaparecido > igual vos conviña cambialo antes de que falle e vos deixe varados. Non. O coordinador é o coordinador, se quere delegar, o único que ten que facer é avisar, e ou Miguel ou eu pediremos, co seu apoio, unha conta no svn. De varar non teño medo, teño quilla para aguantar o quebranto, xa subirá a marea. -- Best regards MV
signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

