Para quen non a coñeza, Sancho é unha interface gráfica (GUI) para o núcleo MLDonkey, un programa de transferencia de ficheiros P2P. O caso é que acabo de baixar a tradución ao galego, e dispóñome a revisala (decidinme en cando vin file=Arquivo), así que me gustaría saber se o traductor anterior está na lista.
Se non o está, procurarei contactar con el, e falareille do Proxecto Trasno, a ver se imos ampliando persoal :-) Un saúdo!