O Martes 29 Xullo 2008 19:18, Miguel Branco escribiu:
> co lema de "Non miredes atrás".

Vale logo, miremos cara diante...

Se mirades no top-10 das traducións de 4.1 veredes que caimos ao posto 18, 
arrastrados sobretodo por KDEEDU, e en moita menor medida por kdepim, que 
grazas ao traballo de Xosé está a ver completada e moi mellorada a tradución.

Se miramos cara a seguinte versión vemos que en 4.2 temos esencialmente os 
mesmos problemas, e adicionalmente o koffice tamén mostra dificultades, 
concentradas en kspread.

Logo as conclusións son ± evidentes:

Na gui:
-Debemos completar koffice, antes da publicación de koffice2, (Miguel)
-Debemos seguir atacando kdepim (Xosé)
-Debemos atacar os ficheiros novos que apareceron para 4.2 (Marce)
-Debemos atacar kdeedu (quen chegue antes, escolle; admítense novas 
incorporacións[1])

En outras áreas:
-Hai que ter os ficheiros de kdelibs/kdoctools precisos para que certos textos 
da documentación estexan en galego (por exemplo: índice, capítulo, e cousas 
así).
-Hai que ir atacando a documentación.

Adicionalmente, eu márcome o reto persoal de ir porteando a 4.1 o traballo 
novo que se faga en 4.2, para que a xente se poda concentrar en trunk.

[1] Vou pedir colaboracións á lista softlibre-edugal.

>  (Nota. abteñanse eses que comprades tarxetas NVIDIA de instalar ó
> compulsivo, soe dar problemas con KWin, éche o que teñen as compañías
> FOSS-agnosticas).
Vaia, xusto a que teño no portatil é unha desa marca.
-- 
Best regards,
MV

Responderlle a