Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Para cando empeza a súa tradución? Alguén o sabe?
>
>   

Ola Adrián,

En [1] está a planificación prevista para a Ubuntu 9.04, pero aí só
están as datas nas que se toman as traducións de Launchpad para a
Jaunty. Para Intrepid non se abriron as traducións ata que saíu a beta
(a principios deste mes), pero é bastante probable que desta vez as
abran antes (houbo críticas polo atraso).

De tódolos xeitos as traducións que se fagan a partir de agora en
Intrepid pasarán a Jaunty (non se sabe exactamente en que momento, esa é
a parte mala :-( )

Saúdos.
    Felipe.

[1] https://wiki.ubuntu.com/JauntyReleaseSchedule

Responderlle a