>> Trasno 2.0 unha páxina ben chusquiña feita con drupal ou así e con
>> alfresco para xestionarse?
>
> Polo que vexo ezpublish vai con php mentres que o alfresco usa jsp.
> Sen ver máis eu tiraría por php.
> De todos modos igual de momento é demais, poida que con un drupal e moodle
> sexa máis que suficiente.

Eu vexo que primeiro hai que definir ben que é o que queremos, igual
que co tema do glosario.

>> PD: Xa contaredes como foi o último día da Akademy-es!

Pois resulta que ferrallando se atopou o xeito de poñer o hunspell a
rular en galego. Parece mentira que co facil que foi non se fixera xa
un paquete .deb

Ademais remexendo atopei algo máis que incluir ó Trasno 2.0, un xestor
de terminoloxia con posibilidade de debate que é software libre, ainda
que xa veremos se ó final o poñemos ou non porque penso que igual é
demasiado para o que precisamos, e ademais ainda está en
desenvolvemento, por non mencionar que nin sequera o probei, pero xa
me puxen en contacto co desenvolvedor, o cal xa me contestou e ata
mostrou interese polo Proxecto Trasno.

Por certo, o logotipo de Alfresco está chulo, algo así para Trasno non
estaría mal.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a