> Estaba a tratar de procurar información para facer o paquete coa instalación > para o husnpell do dicionario de galego. Para elo inscribinme na lista de > debian-develo... pero non saquei moito, logo fun procurar autores de > paquetes e atopeime con Agustín Martín, que é quen resulta é quen empaquetou > o eusquera e o español e penso que algún máis. > Cando lle pedín axuda pensou que trataba de facer o que está feito, paquete > co galego mínimos e remitiume á páxina de Ramón Flores (era a páxina que > consultaba para facer actualizacións), logo comenteille que o que quería > empaquetar era hunspell da normativa oficial. Resulta que non sabía da > existencia deste dicionario, e descubreu mancomún! > Pois ben, comentou que vai facer el o paquete a non ser que eu sexa autor. > Polo que sei xa se puxo mans a obra (contactou con mancomún), comentou que é > unha pena que non o soubera antes, pois xa o metería en lenny. > De todos modos, vou ver se me ensina a facer o paquete. > Hai que ver para outras distros como vai o tema.
Perfecto. Supoño que asi tamén teremos o paquete para Ubuntu. Creo que estas son as instruccións para openSuse http://en.opensuse.org/SUSE_Build_Tutorial Ata logo, Leandro Regueiro