Sería interesante acudir mais eu non podo. Espero que alguén de trasno que o colla cerca poida ir.
Agora, seguro que o Xoves hei ter máis detalles, pero Galinux = Slax con KDE3.5??. Dende logo a min esta decisión técnica deixame bastante abraiado. 1. alégrome xq é KDE (ben!!), pero é a 3.5 e non a 4.1 (curioso pola sustancial mellora en aplicacións da 4.1 especialmete as que parecen de interes para isto do Galinux, as educativas coma Kmplot, Marble, Parley, Kalzium...) e pola maior flexividade da nova serie, e falo aquí da interface 2. porque Slax parece un proxecto defunto. Igual é xq está baseado en Slackware e ten sentido para a xente que o desenvolvestes? 3. a tradución o galego: a 3.5 está menos traducida e se marcamos a RAG coma estandar probablemente pior cá KDE 4.x de todas todas, alguén na Xunta parece interesado polo Software libre e por implantalo así que parabéns aos que fixestes que algún político conectara máis de catro neuronas á vez para razoar que isto era o bo camiño!

