Boas Miguel,

O tema da slack que comentas supoño que se referirá á galinux-slack de Teo
Ramírez, o profe. Non ten nada que ver unha cousa coa outra; o Galinux da
Xunta é unha adaptación do AraOS e por tanto a distro de referencia é Ubuntu,
e o escritorio GNOME (polo momento).

O enderezo "oficial" será galinux.mancomun.org e a él redirixiremos o resto
dos dominio aos que teñamos acceso. Galinux.org é o que emprega Teo xustamente
para o seu proxecto da Slack; supoño que foi por iso que pensache iso non?

Saúdos,


Miguel Branco escrebeu:
> 
> Sería interesante acudir mais eu non podo. Espero que alguén de trasno que o 
> colla cerca poida ir. 
> 
> Agora, seguro que o Xoves hei ter máis detalles, pero Galinux = Slax con 
> KDE3.5??. 
> 
> Dende logo a min esta decisión técnica deixame bastante abraiado. 
> 
> 1. alégrome xq é KDE (ben!!), pero é a 3.5 e non a 4.1 (curioso pola 
> sustancial mellora en aplicacións da 4.1 especialmete as que parecen de 
> interes para isto do Galinux, as educativas coma Kmplot, Marble, Parley, 
> Kalzium...) e pola maior flexividade da nova serie, e falo aquí da interface
> 
> 2. porque Slax parece un proxecto defunto. Igual é xq está baseado en 
> Slackware e ten sentido para a xente que o desenvolvestes?
> 
> 3. a tradución o galego: a 3.5 está menos traducida e se marcamos a RAG coma 
> estandar probablemente pior cá KDE 4.x
> 
> de todas todas, alguén na Xunta parece interesado polo Software libre e por 
> implantalo así que parabéns aos que fixestes que algún político conectara 
> máis 
> de catro neuronas á vez para razoar que isto era o bo camiño!
> 
> 

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Responderlle a