> Hover Time
Nunca antes me vira con hover agás cando aprendera html (ou css, xa
non lembro) e isto significaba poñer o rato enriba dunha ligazón
> Distance desktop should be zoom out while switching windows
distancia á que se debe alonxar o escritorio ó cambiar de ventá
(entendo que na cadea orixinal deberia ser "zoomed out")
> Inverted window snapping (snap en particular)
>
> Snap windows (outra vez)
>
> Toggle window snapping (máis do mesmo)
snap tradúcese coma axustar
Para este tipo de dúbidas usa o CLUVI e mailo open-tran ademais de
preguntar na rolda. Sempre é bo consultar en varios sitios. Ademais se
o vemos na rolda podemos ver cousas que haberia que engadir nos
glosarios.
> Engadir que estou revisando tóooodalas cadeas que tiña traducidas para
> mellorar a traducción, xa que certamente cando fixen as primeiras o
> proxecto aínda estaba moi verde e non estaban ben definidas as
> funcionalidades, agora si tento facer unha traducción máis axeitada.
Moi ben, penso que é o que habia que facer. Non vou criticar moito a
túa tradución do compiz xa que hai unha cheeea de cadeas dificiles de
traducir e penso que o fixeches mellor do que agardaria facelo eu
mesmo. Por certo, unha vez ves as traducións no seu sitio decátaste
sempre de que a tradución non está ben feita :) Así revisei toda a
tradución do Poedit este ano e cambiei varias cousas.
Ata logo,
Leandro Regueiro