Ola,
non sei se se está mirando algo no referente ó tema do servidor de
memorias de tradución. Ultimamente apareceron certas dúbidas que igual
se poderian ter resolto de contar cun servidor no que estiveran
tódalas traducións feitas (ben e mal feitas). Ademais aproveito a
mensaxe para preguntar se tamén se explorou o tema do servidor de
terminoloxia. Atopei hai pouco un proxecto de servidor de
terminoloxia, con caracteristicas de debate, usuarios, exportación a
TBX, etc. que está facendo un enxeñeiro en informática da Universidade
do Minho como proxecto para o seu máster, e creo que acepta axuda.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a