Ola a todos, acabo de subir a web para o evento Barcamp 2009 http://www.glug.es/barcamp-2009/ que o GLUG organiza durante a Xuventude Galiza Net 2009 os días 3, 4 e 5 de abril, de feito estará no mesmo recinto e contamos coa axuda da organización e de Mancomún.
A idea é unhas reunións creadas do desexo da xente de compartir e aprender nun ambiente aberto. Estas non-conferencias/desconferencias informais reúnen á xente con diversos backgrounds, dende o tecnolóxico, usabilidade, deseño e negocios, onde a información e experiencia é compartida. A participación é altamente alentada, por parte dos que asisten! Barcamp Galiza 2009 xirará en torno a software ceibe, xogos e programación ademáis de web 2.0 e todo o que o público queira contar. Algúns dos tantos temas que se van ver son desenrrolo (técnicas novas/optimización), deseño e software ceibe (aplicación práctica), e demostracións de programas entre un monton de temas máis! O espírito do BarCamp, tódolos participantes teñen unha posibilidade de dar un relatorio e de feito tódolos GUL's que queiran participar coa sua demo (aínda que sexa improvisada) pode facelo. Por iso pedimos colaboración para que todo sexa un éxito. O importante é que sexa un ambiente informal onde tódos poidamos aprender algo e charlar entre tódos nun ambiente distendido sobre o asunto da charla. A axenda vai consistir nunha serie de charlas de 30 minutos de duración cada unha, onde tódolos participantes poden improvisar a súa. Desta forma son conferencias xeradas polos propios asistentes onde eles deciden que van escoitar e onde o relator perde protagonismo para outorgarllo ao público, xa que en definitiva o público é o que da a "conferencia". O barcamp ademais é identico ao software libre, isto é basease en compartir, non só código senón ideas, conceptos e soluciós. Ademáis estes eventos serven para unir aos numerosísimos Grupos de Usuarios de GNU/Linux na Galiza e poder poñerlle cara a eses mails que lemos no dia a día. Agardo colaboración e vos goste a idea.

