2009/10/14 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> Lamento o retraso, pero a ponte fixo que quen me podía solventar dúbidas
> fixera puenting dende o xoves e até onte a tardiña non me deu resposta, e ó
> chegar a cas, preparando a cea "avariei" un dedo cun coitelo e non me era
> doado escribir.
>
> Despois de buscar información sobre os "Institutos" non atopei nada
> dixerible e/ou interesante para nós, polo que fixen algunha chamada a
> "asesores prifisionais" que como amigos deronme a súa opinión, que se resume
> en:
>
> A figura do "Instituto" só é interesante para aquelas asocs. que manexen
> grandes orzamentos e máis concretamente para as que dependan de partidas
> orzamentarias institucionais ou sostidas por doazóns de empresas ou
> entidades "de maior calado".
> Pode ter vantaxes fiscais (non pago do I,V.E. etc...) pero a cambio dun
> réxime contable moito maís complexo.
>
> Unha vez que coñecián as liñas xerais do noso proxecto a opinión foi:
> "Non vos compre complicarvos a vida. Se co tempo xurden problemas pola
> complexidade economico/contable xa vos veríades na necesidade de contratar
> unha asesoría e pode que chegado ese punto si que se considere optar por
> mudar os estatutos, cousa que non plantexa ningunha dificultade se hai
> acordo da asemblea."
>
> Do que (eu) deduzo... deixemos as cousas como están que polo de agora están
> moi ben.
>
> M.B.
>
> --
> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
> (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_min...@conf.jabberes.org
>

No referente ó I.V.E., como asociación tamén se pode pedir a exención. Estes
días andivemos liados coa organización dun concerto, pero en canto poida
pídolle a un compañeiro que levou o tema da legalización da asociación na
que estou que me faga un resumo dos pasos por se facilita algo.

-- 

Xabier Villar

Responderlle a