Ola, 

Primeiro, para os membros fundadores,  por non poñernos a cubrir os papeis alí 
o sábado, na acta fundacional falta cubrir datos de cada un dos membros 
fundadores. Simplemente son:

-Nome
-DNI
-enderezo completo, nacionalidade

É dicir, precisaría a vosa dirección. Se o tedes a ben, preferiría que me 
enviarades unha vCard completa (ou similar, LDIF...) [*] (con vías de contacto 
rápidas, como IM e/ou tlf), que obviamente, será de uso meu particular, e como 
moito dos membros da directiva cando o precisen. 

En canto teña todo iso, irei ó rexistro de asociacións; e espero que sexa mañá 
ou pasado. 

Segundo, para todos os trasnegos. Tedes o estatuto da asociación aquí: 
http://trasno.net/trasno:asociacion así como a composición da directiva.        
Podedes ir dicindo se queredes participar na asociación, inda que oficialmente 
non existe -aínda- a asociación. Non é necesario que tódolos que participen no 
proxecto trasno esteades na asociación, obviamente, mais inda así anímovos. 
Nese caso, contactade con calquera da asociación dando os datos persoais 
básicos (se enviades unha vCard[*] ou similar, fantástico).

 Acordamos na reunión do sábado establecer unha cota de 6€ anuais para 
estudantes e separados/divorciados e 15€ [**]  anuais para os demais. Fóra de 
acordar cumprir os estatutos e colaborar no proxecto, non hai impedimento 
ningún para pertencer á asociación. 

[*] 
Con Kontact: contactos> ficheiros> novo contacto> cubrir datos> exportar como  
[LDIF, vCard...]
Con evolution: vista de contactos > editar contacto>Ficheiro> Gardar como 
vCard
Con thunderbird: libreta de direccións > escoller contacto propio > 
ferramentas > exportar... > vCard, LDIF...

[*] non vos divorciedes por culpa de pagar menos ;)

Responderlle a