Miguel Branco escribiu:
Ola,
Primeiro, para os membros fundadores, por non poñernos a cubrir os
papeis alí o sábado, na acta fundacional falta cubrir datos de cada un
dos membros fundadores. Simplemente son:
-Nome
-DNI
-enderezo completo, nacionalidade
É dicir, precisaría a vosa dirección. Se o tedes a ben, preferiría que
me enviarades unha vCard completa (ou similar, LDIF...) [*] (con vías de
contacto rápidas, como IM e/ou tlf), que obviamente, será de uso meu
particular, e como moito dos membros da directiva cando o precisen.
En canto teña todo iso, irei ó rexistro de asociacións; e espero que
sexa mañá ou pasado.
Segundo, para todos os trasnegos. Tedes o estatuto da asociación aquí:
http://trasno.net/trasno:asociacion así como a composición da directiva.
Podedes ir dicindo se queredes participar na asociación, inda que
oficialmente non existe -aínda- a asociación. Non é necesario que
tódolos que participen no proxecto trasno esteades na asociación,
obviamente, mais inda así anímovos. Nese caso, contactade con calquera
da asociación dando os datos persoais básicos (se enviades unha vCard[*]
ou similar, fantástico).
Acordamos na reunión do sábado establecer unha cota de 6€ anuais para
estudantes e separados/divorciados e 15€ [**] anuais para os demais.
Fóra de acordar cumprir os estatutos e colaborar no proxecto, non hai
impedimento ningún para pertencer á asociación.
[*]
Con Kontact: contactos> ficheiros> novo contacto> cubrir datos> exportar
como [LDIF, vCard...]
Con evolution: vista de contactos > editar contacto>Ficheiro> Gardar
como vCard
Con thunderbird: libreta de direccións > escoller contacto propio >
ferramentas > exportar... > vCard, LDIF...
A min isto exportame todos os contacto ¿? Non sei como se fai isto no
thundebird. Ao final foi a man.
[*] non vos divorciedes por culpa de pagar menos ;)