A min si que me chegou.

Leandro Regueiro escribiu:
Non sei por que onte non ma enviou, aquí vos vai:

Ola,
estou lendo os arquivos da rolda de correo de Galego21 en
http://es.groups.yahoo.com/group/galego21/ (require subscrición) e é
incrible que hai oito anos estiveran co tema da terminoloxía a voltas:
unificando glosarios!! Non só iso, xa estaban intentando conseguir
memorias de tradución para facilitar a tradución!! E ademais estaban
elaborando unha guía de estilo!!

Isto é incrible, oito anos despois seguimos cos mesmos problemas de
sempre. E para rematala moita da xente que daquela estaba traballando
no da localización ao galego aínda segue hoxe por aquí (ou por aí).

O único en claro que saquei é que os problemas que había daquela non
fixen máis que agrandarse: tiñamos tres ou catro glosarios, agora hai
15 ou 16; precisabamos memorias de tradución para realizar traducións
homoxéneas, agora a heteroxeneidade nas traducións é case unha "marca
da casa".

Ata logo,
                    Leandro Regueiro


Responderlle a