Ola.

Se mal non recordo, nos estatutos básicos que che dan como modelo
cando creas unha asociación había que facer o seguinte:

O que quere ser socio, ten que escribir unha solicitude a asociación
pedindo a entrada formalmente.

Despois, nunha asemblea (non sei de que tipo, creo que extraordinaria)
decídese na orde do día a súa aprobación de entrada. Co que se
actualizaría o libro de socios, anotandoo nel.

Algo dese estilo. Nos estatutos, debe estar detallado o proceso, xa
que detalla estas cousas moi por riba. Para engadir máis cousas, por
habería que redactar un regulamento interno, que se debería aprobar
tamén nunha asemblea e a partir de ahí serviría para decir como se
farían as cousas que alí están redactadas e non quedarían ao que
apeteza nese momento.

Espero servir de axuda.

Un saúdo a todos.

2010/1/13 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> O Mércores 13 Xaneiro 2010 13:44:57 Leandro Regueiro escribiu:
>> > Que pasos ten que seguir alguén que se queira asociar?
>
> pois non sei moi ben como funciona isto: pero en principio darnos os datos
> básicos:
> -nome
> -DNI
> -dirección
> -tlf e/ou IM, correo
>
> e en canto o da cota, eu entendo que non habería problema porque se pagara ao
> longo do ano no momento en que mellor vos veña (inda non temos conta bancaria,
> teremola en breve); pero que vaia, non penso tramitar a expulsión de ningún
> asociado por non pagar a cota.
>
> @Leandro, si, tes que levar o libro de socios
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a