Ola a todos, desde fai unha semana estou mirando os distintos procesos que se empregan nos proxectos dos que GNOME depende (
Para o caso do avahi, xa subÃn a nova tradución que habÃa feita en GNOME máis non remitida a upstream: http://www.transifex.net/projects/p/avahi/c/master-tx/ Para o caso do shared-mime-info (ficheiro que contén descricións de tipos de ficheiros e empregado en nautilus no diálogo Propiedades de ficheiro. Creei un grupo de tradución no transifex (non existÃa) e subino, porén está ao 53%: http://www.transifex.net/projects/p/shared-mime-info/c/default/ Para o caso de Gstreamer e engadidos: FÃxenme membro do grupo do Translation Project e estiven estudando o comportamento do robot. Topei un script moi xeitoso que che revisa os ficheiros antes de envialos, ademais encárgase de remitir o ficheiro a onde proceda... vamos que non fai o café porque non teño a cafeteira conectada por USB que se non... Enviei xa os gst-plugins-* (bad, good, base e ugly) completos e revisados. Estou agardando que o robot me conteste por se están aceptados ou se hai erros. Nese caso xa contacto con Tsao para que me bote unha man. Tentarei cando teña un ratiño enviar unha carta por correo ordinario para ter o disclaimer firmado coa FSF. Aproveitando os pasos que estou dando compre que desde Ubuntu se vaian recollendo os ficheiros que están traducidos e vaiamos remitindo cara Transifex e Translation Project, por exemplo: Bacula, liferea etc etc. Isto é todo desde terras do sul ------------ próxima parte ------------ A non-text attachment was scrubbed... Name: non dispoñÃbel Type: application/pgp-signature Size: 198 bytes Desc: Esta é unha parte de mensaxe asinada dixitalmente URL: <http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100530/f11a1a26/attachment.pgp>