Ola Alejo

Sería xenial que o puideras facer. Incluso máis xenial aínda que se puidese
conseguir algo positivo sen que medie a intervención da Xunta. En realidade
non temos máis opción: ou se fai chegar a queixa de modo directo desde os
usuarios ou hai que botar man das institucións.

Como xestiona Google o tema do galego é un misterio misterioso desde hai
anos. Sabemos que ten moitos dos aplicativos traducidos, como o famoso
Gmail, tanto polos usuarios como por propia iniciativa. No entanto o seu
despregue é caótico e moi ineficiente... por que?

Isto é un tema tanto de consumo, como de dereitos humanos, como de
consideración ao réxime legal e, por suposto de respecto á dignidade
cultural. Neste caso mestúranse dúas plataformas vitais hoxe en día:
Android e servizos comerciais na nube de Google.

Sabemos que Google está tentando vender o seu ecosistema de ferramentas de
colaboración escolar á Xunta así que creo que é un momento onde poden estar
máis receptivos xa que, se queren, poden ofrecer a galeguización como un
aliciente máis da súa oferta.

Necesitamos saber como mover este asunto para obter respostas e
compromisos. É probable que se trate de que simplemente non lles chega a
demanda aos sitios adecuados. Cales son? A que argumentos son/serían
sensibles?

A ver se podes dicir algo




2013/2/9 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>

> Boas.
>
> Podo facelo chegar directamente a Google por multiples vias se queredes.
> Malo sera que algunha delas non mo derive correctamente a quen corresponda.
>
> Se tal avisade e fagoo estes dias que tenho algo mais de tempo.
>
> Saudos.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a