> non hai unha libintl que use do xliff, > Vale pero esa barreira pode desaparecer
Hai alguén a traballar nisto? Se a resposta é non, non ha desaparecer. Polo menos no universo dependente de libc. Nota: Ten alguén fondos para pagar o desenvolvemento dun outro gettext? > Supoño que o obxectivo de OASIS é precisamente estandarizar no posible un > formato industrial, que sexa compatible cos procesos da empresas de > tradución e tentar impoñerse como algo que deban recoller os desenvolvedores > de ferramentas CAT. Na última páxina aparece lista de agradecementos (onde vin a Lucia). Oracle, IBM, Microsoft ... (e os ficheiros de properties de java e resources de C# penso que se basean no mesmo ppio que os de catgets) > Nese contexto, a idiosincrasia da tradución de software > libre pode ser case marxinal. Éo. >Se fose así, sería un avance de todas > maneiras, pola extensión dun estándar que non estea en mans privativas e > tamén resulta accesible, cos procesos de conversión (mediante as > ferramentas) que xa indicas ti, para todos os demais. A presenza de Lionbrigde dame que pensar que, efectivamente, ha ter futuro. > Visto doutra maneira, se as ferramentas de código libre implementan eses > fluxos serían tamén válidas para o ámbito profesional. E iso si que pode > atraer unha grande masa crítica de usuarios. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

