Ben, se todo o que hai son cartos, por fin podo saber algo concreto. Eu tamén comparto o teu enfado pero xusto polo que non son cartos, para min a Academia o único que ten/tivo é o seu capital simbólico. Para facer o que están facendo con el era mellor que non existise. Se vas dar unha batalla polo status da lingua non podes utilizar a bandeira para tapar un vergoñento asunto de nepotismo, co que te convirtes na mellor arma do contrario.
===== «Despois da petición formal na última reunión das contas detalladas da institución, a convocatoria incorpora documentación co orzamento do 2013, que ascenderá a 976.945 euros, e coa liquidación das contas do ano pasado, cuns gastos totais de 1.258.654 euros, que deberán ser aprobados polo plenario. *Posta en marcha da web * No pasado exercicio a partida máis elevada do gasto foi a de persoal (724.369 euros), que este ano será de 707.636 euros. No 2012 a posta en marcha da renovada páxina web da Real Academia Galega supuxo un desembolso de máis de 100.000 euros, mentres que os actos polo 50.º aniversario do Día das Letras Galegas tiveron un custo duns 25.000 euros.» http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/03/08/ferrin-formalizara-dia-13-sua-renuncia-a-presidencia-a-rag/0003_201303G8P33991.htm 2013/2/25 mvillarino <[email protected]> > 2013/2/25 Antón Méixome <[email protected]>: > > > > Non é para irse rezar a un claustro, obviamente > > > > > http://galiciaconfidencial.com/nova/13382.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter > > > > Sei que non temos nada que ver coa RAG pero é evidente que tamén aí hai > un > > fondísimo problema e que traerá consecuencias inmediatas en materia de > > lingua. > > Problema? A cona é cona, o carallo, carallo, e o CCG,ILG e RAG, > cartos, cartos, cartos, ou sendo benevolentes, comercio, bebercio e > comenencia. Os cartos éche o que teñen: traen "amigos". > > O que ha saír de aquí? A bóla de cristal dime que orellas agachadas... > e a intuición que tan mau é usar a língua na política como no > moedeiro. Nada, que nuns meses o que diga o poder político será > sancionado polo poder* lingüístico. > > (*) Autoridade ? Non, non a teñen. Que o poña nun decreto non llela > deu nin llela ha dar. > > > > Que vaia ben. > Marce > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

