Segundo o plan dispoñíbel en
http://techbase.kde.org/Schedules/KDE4/4.11_Release_Schedule#Wednesday.2C_June_5.2C_2013:_KDE_SC_4.11_Soft_Message_Freeze

O 5 de xuño entrouse en «Soft Message Freeze», é dicir, periodo de
busca de erros.

Tendo en conta que:
«Plasma Workspaces 4.11: A long term release»
e que
«This does not effect, in any way, anything other than the code
currently in the kde-workspace repository. Applications are not
affected, kdelibs and kderuntime will continue on as they currently
are (with kdelibs in a feature freeze of its own already). I fully
expect there to be a 4.12 and likely a 4.13 release of the
applications, and how long that goes on will be up to the application
developers and release team.»

Sería desexábel que actualizásedes repositorios aló pola fin de semana
e que lle désedes unha pasada.
Asimesmo, así que teñamos kdeqt, kdelibs, kde-runtime, kde-workspace,
kde-wallpapers, e kdeplasma-addons completos, gustaríame que alguén
que non fose eu fixese unha pasada de check-rules (penso que).
Entretanto, habería que completar o módulo applications e esoutra
persoa debería logo pasarlle o check-rules.

O motivo de non facer eu o check-rules... pois estes días estiven a
revisar (*) uns ficheiros que enviara Adrián, pero non meténdoos a
piñón, senón revisando UT por UT, e non admitín algunhas cousas que
foran acordadas nas trasnadas. Así que penso que polo ben das
traducións de KDE debo nese eido quitarme un pouco do medio.

Dúas notas:
(*), si, ten que ver co de translatewiki
(2) agora que me recordo... teño as regras algo desactualizadas, de
onde poido sacar unha lista dos acordos por trasnada?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a