No sentido do procesamento de texto (e non no de código, onde
indentación paréceme máis adecuado debido ao sentido
hiperespecializado)

Sangría ou sangrado?

pt. recuo
fr. retrait
es. sangría

No DRAG non vexo posibilidades de meter esta acepción en sangría
http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=sangr%C3%ADa

En cambio en sangrar, si (valor 7)
http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=sangrar

De feito, oh sorpresa, mirade os exemplos!
http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=299256

DRAG
«Antes de imprimir o texto realizaron o sangrado das liñas iniciais de
cada parágrafo.»

Podían ser máis explícitos separando os exemplos por valores do
substantivo pero xa está. Así que hai que corrixir este castelanismo
disfrazado que temos por todas partes. Por fin se pode dicir algo bo
do dicionario

:-)

Sobre indentación (do en. to indent) non confundir con endentación
(*identación non existe) derivado e endentar, engrenar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a