Toda esa xente está nesa situación porque, tras darse de alta na páxina no solicitaron seren membros do equipo. A maioría nin sequera se presentou ou saudou enviando un correo.
Cando alguén envía o correo de solicitude, envíaselle un correo cun contido como o que segue e que xa che da unha idea de cal é o método: === Benvido ao Grupo de tradución ao Galego, por estes lares tes a xente de diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na localización ao galego de Ubuntu. Recibimos unha solicitude de admisión do usuario «XXXX (xxxx)», que entendo que es ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes de admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E no caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga os consensos que temos estabelecidos. Logo de este «harmonioso» parágrafo recoméndoche que comeces por ler o noso wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde poderás atopar información moi valiosa para os principiantes. Mentres nós procurámosche un aplicativo co que poidas comezar a traducir. Aló tamén tes ligazóns a recursos ortográficos e estilísticos do idioma galego que é interesante que leas. Non esquezas apuntarte na lista do grupo. É moi importante tamén que te integres no Proxecto Trasno (trasno.net), xa que aí é onde se «coce» case todo e onde disporás de máis e mellor información, especialmente no referente aos acordos terminolóxicos, estilo, etc. Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é, se traballas no mundo da medicina, ou do ensino, nós procurarémosche un aplicativo relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará que te inicies moito máis rápido. Unha vez teñamos claro (os admin. do grupo) que segues os acordos e que tes un nivel aceptábel de galego e de coñecementos da terminoloxía, promoverémoste ao nivel de «tradutor» === 2014-03-21 20:39 GMT+01:00 Xosé <[email protected]>: > Nesta páxina: > > https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl/+members#active > > aparece un número grande de solicitudes para ser membros do grupo de > tradutores de Ubuntu ao galego, algunhas de 2008. Como é o proceso? Como se > sabe que algunha solicitude foi rexeitada? Pódese ter dado o caso de que os > administradores non teñan recibido notificacións coas solicitudes? > > Xosé > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > -- Membro de «The Document Foundation Projects» http://www.documentfoundation.org/foundation/members Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

