Boas, O Martes, 27 de Maio de 2014 00:49:56 Antón Méixome escribiu: > A regra "canónica" é moi simple. > > As abreviacións teñen dúas regras de ortografía que en realidade é > unha única regra pero complementaria > > - abreviaturas → sempre levan punto e os elementos separados > - siglas → nunca levan puntos e os elementos deben aparecer xuntos > > O que non hai (o que non debe haber) en xeral é abreviaturas xuntas > con puntos ou sen eles ou siglas con espazos.O quid da cuestión é > distinguir cando estamos ante unha sigla ou ante unha abreviatura. > Xeralmente, cando les as palabras completas (é dicir cando deconstrúes > as abreviación ao lela) entón estás ante unha abreviatura, cando se le > como unha palabra nova, tal cal entón tes unha sigla: > > Ex: EE.UU. (abreviación) // USA (sigla)
Isto deixoume un pouco confundido. Dis que as abreviacións deberían levar os elementos separados, pero no exemplo que das non pos espazos. Debería ser EE. UU.? > Pode haber algunha excepción no caso de abreviaturas tradicionais moi > consolidadas que sigan outras regras (por exemplo c/ para «conta > bancaria») > > O tema pode complicarse aínda moito máis con acrónimos, latinismos, > estranxeirismos, unidades de medida (símbolos), argot profesional, > etc. > > Non hai ningunha fonte definitiva canónica porque non existe unha > estilística oficial da lingua galega. As Normas só actúan respecto da > morfoloxía e logo o vocabulario está no DRAG (é a única fonte > definitiva a este respecto pero na maioría dos casos non aparecen > recollidas). Esa é a razón pola cal as Universidades sacaron as súas > "normas" pero desgrazadamente neste aspecto son contraditorias entre > si. > > O consenso actual entre profesionais é este que eu che digo e que > segue mais ou menos cabalmente as normas da USC do ano 2007 (obra de > Xusto R. Río) que por algo quen dá primeiro, dá dúas veces :-) > > 2014-05-26 18:03 GMT+02:00 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: > > Reenviando por se acaso. > > > > ---------- Forwarded message ---------- > > From: Adrián Chaves Fernández <[email protected]> > > Date: 2014-05-26 7:55 GMT+02:00 > > Subject: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de > > abreviaturas? To: [email protected] > > > > > > No módulo da comunidade temos moitas entradas de abreviaturas que non > > levan espazo entre os seus sintagmas. Algúns exemplos (hai moitos máis): > > > > > > > > conx.il. > > > > D.E.P. po:abreviatura # descanse en paz > > > > Emmo.Sr. po:abreviatura # eminentísimo señor > > > > e.p.d. po:abreviatura # en paz descanse > > > > E.P.D. po:abreviatura # en paz descanse > > > > > > > > Agora mesmo estou facendo limpeza do módulo da comunidade, creando novos > > módulos a partir de fontes “oficialistas” ou “pro-RAG” como os proxectos > > da Fundación WikiMedia, e documentos (de universidades, de concellos, e > > incluso un de Microsoft) que vou atopando que inclúen vocabulario como > > abreviaturas, siglas, símbolos, topónimos, etc. > > > > > > > > O caso é que din cun documento da UDC, «Criterios para o uso da lingua», > > que na súa edición de 2007¹ ten as abreviaturas unhas con espazos («p. > > ex.») e outras sen espazos («p.n.», «e.p.d.»), pero que na edición de > > 2012² parece ter todas as abreviaturas con espazos («e. p. d.», «p. > > ex.»). A raíz disto intentei descubrir cales son os criterios neste > > sentido no galego, e o único que atopei foi o seguinte na páxina de > > criterios lingüísticos sobre abreviación da propia UDC³: > > > > > > > > «O espazo que separa as palabras dun sintagma debe manterse na forma > > abreviada, xa que cada unha delas redúcese independentemente.» > > > > > > > > Gustaríame saber se debemos aplicar no Hunspell ese mesmo criterio co > > vocabulario da comunidade (o que de momento non vai apoiado por fontes > > alleas a nós), ou se debemos manter as abreviaturas sen espazos. Porque > > no módulo da comunidade temos moitas entradas deste tipo sen espazos que > > parecen sacadas do documento da UDC de 2007, e para as que non dou > > atopado un documento que as apoie dado que da UDC só uso a última > > versión do documento de «Criterios para o uso da lingua», a do 2012. > > > > > > > > Que pensades? Sabedes dalgunha outra fonte pro-RAG que confirme ou > > desminta a norma sobre os espazos entre sintagmas da UDC? > > > > > > > > — > > > > ¹ > > http://www.concellodezas.org/linguazas/documentos/criterios_uso_lingua.p > > df > > > > ² http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf > > > > ³ > > https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/criterios/abr > > eviacion.html > > > > > > > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > [email protected] > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

