Recibín isto do asesor informático de zona do meu instituto:

«««
   Quizais xa coñecedes que no mes de abril rematou o soporte de Microsoft
ao sistema operativo Windows XP.  Por iso, estase levando a cabo nos
centros educativos unha migración a GNU-Linux. No mes de xullo e agosto é
unha boa ocasión para realizar esta tarefa, xa que os equipos de
mantemento non teñen tantas incidencias dos centros, e contamos cunha
maior flexibilidade. Pero tamén poden facer tarefas de mantemento noutros
sistemas operativos como o Microsoft Windows 7 ou calquera distribución
GNU-Linux.

   Para iso, só teñen que enviar un correo electrónico á UAC
(u...@edu.xunta.es), solicitando o mantemento e a migración a GNU-Linux, se
fora o caso. Deben de sinalar o número de equipos aproximado no cal se
quere facer o mantemento, mencionando a marca e o modelo. Tamén sería de
interese que os equipos de mantemento coñeceran os modelos de impresora
que dispón o centro (non é imprescindibel).
»»»

Pregunteille se me podía pasar unha maqueta para probala e esta é a resposta:

«««
(...)non deixa de ser a distribución Minimo de Galpon
(minino.galpon.org). E qué iso do Minino?. Pois é un Debian  7 Wheezy,
ao cal lle poñen o escritorio ldxe, con interface de usuarios lightdm,
un xestor de ficheiros moi lixeiriño como o pcmanfm, etc. Ademais non
instala por defecto servizos como o samba ou o ssh. É dicir, é un
Debian7 moi lixeiro, pero sen perder as características de Debian que
a todos nos namoran, e podendo instalar os servizos que queiramos
(polo menos en principio). Falei cos compañeiros de microinformática e
dinme que é un Minino Artabros 2.0 ao cal lle instalan bastantes
aplicacións, centrándose fundamentalmente naquelas de contido
didáctico, e substitúen o iceweasel por firefox, para que lles resulte
máis coñecido o navegador a primeira vista.
»»»


Parabéns, polo tanto!

Xosé
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a