Algúns de vós lembraredes que vai para dous anos, pretendín facer unha
distro con toda canta ferramenta de tradución atopara, das libres
obviamente, e deixala preparada para poder, especialmente, empregala nos
obradoiros, etc...

Despois de deixalo de lado, por cousas persoais, retomei o proxecto e xa
está dispoñíbel para descarga a primeira alfa
http://minino.galpon.org/ISO/minino-ttt-0.1.iso
nos vindeiros días, segundo vaia evolucionando irei incrementando a
numeración, así que estade atentos.

O nome que pensei en poñerlle é «Trasno Translation Toolkit», de aí o das 3
t do nome.

Descargádea e probádea, é hibrida, así que podedes facer un DVD ou un USB.
se vos decantades por facer un USB non empreguedes unetbootin ou similar,
usade a orde:
[sudo] dd if=/enderezo)onde/tendes/a_imaxe of=/dev/sdX bs=2m
Lembrade, o dispositivo USB non será sdb1 ou semellante, senón o
dispositivo «completo», ou sexa sdb
http://wiki.galpon.org/Copiar_una_imagen_ISO_a_un_USB#Galego

Contádeme o que vexades a ver se facemos algo que pague a pena.

Grazas

-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a