Levo tempo intentando traducir o OsmAnd (http://www.osmand.net). Por fin, uns días atrás conseguín que incluísen o galego. A tradución faise en Weblate (https://hosted.weblate.org/projects/osmand/), que é unha interface web. O problema é que quero traducir en local e só se poden descargar ficheiros .xml. Descargueinos con intención de convertelos en .po pero só aparecen algunhas cadeas, precisamente as xa traducidas. Necesito alguén que me bote unha man para poder descargar o ficheiro principal de «main».

Por certo, esta tradución poderíalle interesar tamén a quen estea metido na tradución de OpenStreetMap.

Xosé
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a