O 22 abril 2015 17:26, Xosé <xoseca...@gmail.com> escribiu:
> Non lle daría voltas se a definición incluíse o concepto de "rexistro
> dun problema e os pasos dados para resolvelo", que non é o caso.
>
> De feito, a miña proposta sería «incidencia» (ou «incidente»; p.ex.
> https://pt.wikipedia.org/wiki/Sistema_de_gerenciamento_de_incidentes).
>
> Xosé
>

O anglicismo tícket non ten dúbida, sería unha simple analoxía desde a
"papeleta" do aparcamento á do supermercado mentres esperas ser
atendido. A palabra tícket é un préstamo collido por case que todas as
linguas románicas.

Ao mellor o que habería que clarificar é o "campo do concepto". Aí
aparecen máis cousas interesantes

-bug (tracking system)
-issue
-ticket
-incident
-request
-support
-problem
-help

Aí parece que tícket é un elemento dentro dun issue (caso) que se
xestiona mediante un sistema de xestión de incidencias. En resumo, que
nun ámbito terminolóxico especializado non convén confundir tícket con
issue e que ambos forman parte dun concepto xeral do que serían
"sistemas de seguimento", entendendo aquí sistema como sinónimo de
software.

Carecemos tanto en galego como en español dunha definición exacta,
legal, sobre o campo dos servizos de axuda informática e por iso a
cousa é confusa. A mellor referencia que eu coñeza sería o manual de
boas prácticas de servizos chamado ITIL

https://en.wikipedia.org/wiki/ITIL

Aí se pode ver a necesidade de discernir entre as "operacións de
servizo". Por certo que sería unha moi interesante tradución por
facer.

Volvendo ao teu OTRS, catalógase como software de xestión de problemas
e Open-source Ticket Request System tradúcese exactamente como Sistema
en Código Aberto de Solicitudes por Tíckets, evitando o problema da
indefinición.





> O 22 abril 2015 17:19, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>> Pois non hai que darlle voltas: Tícket/s
>>
>> http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=1428513
>>
>>
>> Persoalmente, lamento que non haxa a opción «tique»
>>
>>
>> O 22 abril 2015 17:16, Xosé <xoseca...@gmail.com> escribiu:
>>> Pois iso, «ticket», que estou con OTRS.
>>>
>>> Xosé
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a