Trasno ten todos os seus datos en servidores europeos, ora ben, tendo
unha conta de Twitter e un Facebook para difundir novas no que a xente
se subscribe por iniciativa propia, entendo que non temos nada que
temer (os "likes" e tal son "relacións persoais").

Non sei, eu entendo que para entidades sen ánimo de lucro só será
informar ao usuario e á AEPD.

Para FB ou Twitter é moi sinxelo. Engadir un parágrafo no seu
condicionado dicindo que se o uso do seu servizo inclúe a transmisión
deses datos. Se o utilizas, consentes e tema acabado para eles.

Isto debería ter consecuencias moi positivas para o software libre, e
os sistemas autónomos como Owncloud, dominios propios, servidores
propios e tal pero necesito máis concreción.





O 08 decembro 2015 11:46, Xosé M. <pikam...@gmail.com> escribiu:
> nunha PEME a consultora que nos leva estos temas xa nos avisou de que
> habería problemas, de que ter os datos de clientes na nube non podía ser.
> Incluso cifrados (como propuxemos).  Non recordo se incluso había problemas
> se os servidores ou a empresa que daba o servizo era da unión europea. O
> caso é que os quitamos por si acaso.
>
> Pero polo visto hai que ter coidado incluso co que un chía no twitter.
>
> O malo de esto é que poden poñelo só para meter "medo" ou se ven que o
> procedemento é doado e rápido, empezar a multar para quitar un pouco de
> cartos (como de feito fan con outras cousas da Ley de protección de datos).
>
> O Mar, 8 de Dec do 2015 ás 11:16 , Antón Méixome <cert...@certima.net>
> escribiu:
>
> Nova tanda de multas para recadar? Medo?
> http://www.elconfidencial.com/tecnologia/2015-12-08/ultimatum-de-la-aepd-a-empresas-espanolas-prohibido-usar-dropbox-o-google-apps_1116043/
> Están afectadas las empresas españolas que usan, para guardar o tratar
> información con datos personales de sus clientes, servicios como por ejemplo
> Dropbox, Google Drive, Gogle Apps, Google Analytics, Google Adsense,
> MailChimp (para gestionar el envío de emails comerciales), Facebook, Flickr,
> Instagram e incluso Twitter. Fálase de empresas, non sei no caso de
> asociacións como Trasno ou calquera outro tipo de entidades do terceiro
> sector ou autónomos. Se alguén ten información detallada sobre este asunto
> agradecería que nola faga chegar
> _______________________________________________ proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a