O Dicionario de Galego da editorial Ir Indo, considerado un dos máis
completos na nosa lingua, pódese consultar desde hoxe de balde vía
Internet. A Xunta de Galicia presentaba esta mañá Digalego, o web que
permite o acceso sen límites a este traballo, que chega ao público da man
dun acordo entre a Administración e a editora. Un total 65.000 temos,
traducións a múltiples linguas ou etimoloxías están presentes no novo
espazo. A iniciativa foi posible grazas a un acordo entre a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a
Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que
cedeu os dereitos do manual á Administración autonómica.
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a