O 11 xaneiro 2016 22:01, Xurxo Barreiro <[email protected]> escribiu: > O primeiro que se me vén á cabeza é «notificación lixeira». > > O Luns, 11 de Xaneiro de 2016 14:50:50 Antón Méixome escribiu: >> Ultimamente vou atopando unha serie de termos novos que cumpría darlle >> unha volta. Non sei se estades a empregar algo >> >> notification/toast >> >> Trátase dun tipo de xanela emerxente que presenta brevemente algún >> tipo de info ao usuario na interface tanto de Android coma en Windows. >> >> A metáfora do "toast" queda clara en como se comporta: aparece saíndo >> dunha barra de notificacións para logo agocharse como se fose unha >> ficha ou unha tostada na tostadora de pan (a RAG prefire, por certo, >> torrar/torradora). >> >> Definición en inglés: >> >> Android: >> http://developer.android.com/guide/topics/ui/notifiers/toasts.html >> >> Windows: >> https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=toast%20notification&refinement=183
Ola, Se non se emprega "notification" ou outro tipo de notificación eu empregaría directamente «notificación». Non me parecen tan diferentes dos "pop-ups" con notificacións que me aparecen no Ubuntu. Deica _______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

