Boas:
Estaba buscando unha imaxe dun dos antigos dispositivos, aquí está!
http://img.tomshardware.com/us/2005/06/13/thg/lightwave_dongle.jpg
Meu pai tiña un dispositivo destes nun antigo programa MSDOS que tiña e
onde traballo tamén había un.
Non sei porqué pero a ese deispositivo chamábanlle "mochila"
Vaia!! agora que vexo é o termo que se emprega para o español.
https://es.wikipedia.org/wiki/Mochila_%28dispositivo%29
Tamén indican: /mochila, llave, candado o seguro electrónico/
No portugués temen empregan hardlock
Poida que acaia mellor «Chave» sen o USB. Se non me erro o porto é algo
circunstancial e que non ten que ver co significado, pois na actualidade
tamén as hai bluetooth e mañá quen sabe que tecnoloxía usarán?
De por apelidos buscaría algo máis xenérico
- chave electrónica
- seguro electrónico, tamén me parece unha opción sobre todo para non
sobrecargar «chave» que xa é tradución para outros conceptos.
Penso que seria interesante darlle algunha volta máis e tratar de buscar
(rescatar) algún termo (de outro ámbito) que teña un significado similar
para poder ter unha solución nunha única palabra sen apelidos.
Se non fora porque xa lle metemos un uso especifico complemento penso
que podería tamen ser opción
RAG: complemento, /O que se engade a unha cousa para completala nalgún
aspecto./
pero acepción 6 xa está: /Programa de fácil instalación que engade unha
nova función a outro programa ou aplicación.
/seguindo cos apelidos:
complemento físico (o de físico é polo se que se pode palpar)
Seguindo coa idea de complemento está «accesorio»
A RAG di: /Que acompaña ou completa o principal/.
Que completa o principal (lembremos que na definición está que pode ter
incluso partes de código do aplicativo)
polo que podería ser:
accesorio de seguridade
mais...
Tendo en conta o conta o concepto de bloqueo (ó aplicativo ou partes do
mesmo)
desbloqueador
...
Seguro que a alguén se lle ocorre algo máis axeitado.
Dani
On 02/03/16 18:26, Antón Méixome wrote:
2016-03-02 12:28 GMT+01:00 Fran Diéguez <fran.dieg...@mabishu.com
<mailto:fran.dieg...@mabishu.com>>:
Ola a todos,
quixera que debateramos (se non está
feito xa) como podemos traducir o termo "dongle".
Como exemplo temos os dongle Bluetooth, multimedia, ou wifi:
http://www.amazon.es/s/ref=nb_sb_noss?__mk_es_ES=%C3%85M%C3%85%C5%BD%C3%95%C3%91&url=search-alias%3Daps&field-keywords=dongle
Saúdos
Interesante termo e que nunca se debatese é estraño porque a estas
alturas resulta antiquísimo e provén da cultura hacker.
Que é?
http://www.catb.org/~esr/jargon/html/D/dongle.html
<http://www.catb.org/%7Eesr/jargon/html/D/dongle.html> (Este
vocabulario parte do ano 1975, e remite a fontes anteriores, miña
naiciña, que venerable peza!!!)
Debido á evolución do dispositivo, quizais poderíamos chamalo
simplemente "adaptador USB" ou chave USB (para distinguilo de memoria
USB). Isto permitiría utilizalo tanto para os portos USB, como para os
antigos D-25 ou portos paralelos.
O máis interesante é que parece ser o termo xenérico de toda esa
familia e a mitoloxía da palabra tamen é ben curiosa: ao inventor “Don
Gall”
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net <mailto:proxecto@trasno.net>
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto