Debemos salientar sobre esta orde o seguinte aspecto que resulta
practicamente escandaloso:

“– Os materiais *terán que estar destinados á venda* e haberá que acreditar
o correspondente número de ISBN e a referencia do depósito legal
definitivo. ”

Isto significa que calquera obra publicada – impresa ou dixital – que unha
editorial pretenda distribuír gratuitamente ou con licenza libre para
contidos quedaría excluída de poder concorrer.

Por que?

O 06 maio 2016 16:38, Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com> escribiu:

> ----
> *A Xunta apoia a edición de recursos didácticos en galego con 170.000
> euros* <http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=26381>
> // *NOVAS |culturagalega.org*
> <http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=26381>
>
> O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria de subvencións
> para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para
> niveis non universitarios. En total son 170.000 euros aos que poden optar
> editoriais do país para garantir unha "oferta suficiente de materiais
> didácticos naquelas áreas en que a lexislación educativa determine que a
> lingua galega sexa a vehicular da súa aprendizaxe". As entidades
> interesadas en participar desta convocatoria teñen un mes a partir de hoxe
> para facer a súa solicitude.
>
> ----
>
> Shared via *my feedly reader* <http://feedly.com>
>
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a