[terminoloxia] defaults

2009-03-09 Conversa Leandro Regueiro
Valores predeterminados  (11×GNOME + 6×KDE + SUSE) = 18
Predefinicións   (15×KDE + GNOME) = 16
Predeterminados  (9xGNOME + 2×KDE + SUSE) = 12
Predeterminado   (7xGNOME + 4xKDE) = 11
Valores por omisión  (3xKDE) = 3
Opcións predeterminadas  (3xGNOME) = 3
Opcións por defecto  (GNOME) = 1
Predeterminacións(GNOME) = 1
Configuración predeterminada (SUSE) = 1
Definicións predeterminadas  (GNOME) = 1
Predefinidas (OpenOffice.org) = 1
Preterdeminado   (KDE)


Propoño usar como tradución recomendada valores predeterminados.
Tamén poderiamos considerar manter predefinicións, pero haberia que
eliminar algunhas das traducións usadas.

@KDE: corrixir a tradución mal escrita.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: [terminoloxia] defaults

2009-03-09 Conversa Marce Villarino
O Luns 09 Marzo 2009 17:21:19 Leandro Regueiro escribiu:
 Propoño usar como tradución recomendada valores predeterminados.

Non podes obrigar a empregar o «valores» ese.

 @KDE: corrixir a tradución mal escrita.

A ver chaval: está moi ben iso de corrixir, e tomo nota, pero non me deas máis 
traballo do imprescindíbel: no open-tran podes mirar que ficheiro foi, sería 
moito máis cómodo que mo indicases. Nin que dicir ten que se é dun módulo que 
non sexa meu ou orfo non o tocarei.