[G11n] to enable habilitar vs. activar

2008-07-19 Conversa mvillarino
O Luns 14 Xullo 2008 14:23, Manuel Souto Pico escribiu:
 Vexo que activar é a equivalencia de to enable proposta no glosario de
 Mancomun e tamén a máis utilizada con diferenza nas traducións que figuran
 no corpus LOGALIZA do CLUVI. Supoño que activar será tamén a equivalencia
 de to activate.
En trasno están como opcións para to enable activar e habilitar.
Ademáis dos significados que tes na cabeza, penso que podes adicionar (ei, 
Leandro tiña razón!) o seguinte: to activate é instanciar unha activación dun 
cómputo, concretamente dunha función.

 Alguén me pode explicar se hai algunha diferenza en inglés entre to
 activate e to enable ou entre enabled e active?
Normalmente os dicionarios son moi bons para isto, concretamente o de Espasa e 
o Collins. (alias wordreference e diccionario.reverso.net/ingles-portugues/)

enable /?n'e?b?l/ verbo transitivo 
 (provide means for) to ~ sb to + inf permitir(lle) a algn + inf
 (make possible) posibilitar, permitir

enable  vt 
to enable sb to do sth   (allow)  permitir que alguém faça algo, (make 
possible)  tornar possível, (prepare)  capacitar alguém para fazer algo 

activate ['ækt?ve?t] verbo transitivo activar
activate  vt 
 (mechanism)  acionar, (chem, phys) ativar

Segundo as definicións (foza no dicionario de reverso), if u enable, estás 
permitindo que un ente faga algo, ou que unha acción sexa feita. Mentres que
se o que fas é to activate a device or process, estás a facer que comece a 
súa actividade.

As opcións manexadas en galego teñen as seguintes definicións atribuidas:
(de digalego e do estraviz)
habilitar:
Habilitar v. tr. (1) Tornar hábil ou apto. (2) Preparar: habilitar um 
candidato. (3) Prover do preciso e necessário. (4) Autorizar. v. r. (1) 
Adquirir habilitações. (2) Justificar com documentos a sua habilitaçom 
jurídica: habilitou-se para o concurso. (3) Preparar-se [lat. habilitare].
habilitar   1v tDeclarar a alguén hábil ou apto para algo.
 2v tFacer que algo, especialmente un lugar, sirva para un fin 
ou función para o que non estaba destinado.
 3v tDispoñer un crédito ou un capital para algo.
 4v t  DER  Conferir autorización a unha persoa para que 
desenvolva uns actos xurídicos determinados

Activar v. tr. (1) Dar actividade a, tornar activo. (2) Fazer que uma cousa se 
faça, se mova ou funcione com mais rapidez, intensidade ou energia: activar a 
circulaçom do sangue.
activar 1v tFacer algo máis activo e máis intenso na acción.
 2v tFacer activo un mecanismo que está detido.
 3v t  FÍS/QUÍM  Acelerar algún proceso químico ou físico.
 4v t  FÍS  Irradiar unha substancia con partículas atómicas para 
inferirlle radioactividade.

O cal, no extremo, indica que se algo sofre activación, debe indefectibelmente 
desempeñar unha tarefa, mentres que se algo sofre habilitación pois o 
resultado será menos ríxido. Se isto fose así, e estivésemos a ler un 
periódico en internet, poderíamos, se nos desen a posibilidade, activar a 
opción de non mostrar as imaxes, ou habilitar a opción de non mostrar imaxes 
violentas.

 Por que o verbo habilitar é tan pouco usado para traducir to enable en
 galego? (só nun 18% das traducións)

Iso deberías perguntarllo a quen traduza.

Eu o verbo enable caseque só o atopo en textos de axuda da gui, e non 
emprego nen act. nen hab., senón Se sinala/desmarca esta opción ou Se 
escolle esta alternativa, dependendo de se vai asociado a un widget do 
tipo checkbox ou a un grupo de radiobuttons, pero como xa saberedes 
todos, eu con tal de pump up sb. bollocks fago o que sexa.
-- 
Best regards,
MV


[G11n] to enable habilitar vs. activar

2008-07-14 Conversa Manuel Souto Pico
Ola,

Alguén me podería iluminar sobre a seguinte dúbida? Supoño que a lista tamén
é para este tipo de cousas, aquí talvez saberedes máis sobre isto que na de
terminoloxía de Cultura Galega.

No campo do software, GUI's, etc.

Vexo que activar é a equivalencia de to enable proposta no glosario de
Mancomun e tamén a máis utilizada con diferenza nas traducións que figuran
no corpus LOGALIZA do CLUVI. Supoño que activar será tamén a equivalencia
de to activate.

Alguén me pode explicar se hai algunha diferenza en inglés entre to
activate e to enable ou entre enabled e active?

Por que o verbo habilitar é tan pouco usado para traducir to enable en
galego? (só nun 18% das traducións)

Grazas, Manuel
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080714/b28c7742/attachment.htm