[Galician] Relevo na coordenación

2010-04-02 Conversa Enrique Estévez Fernández
Ola.

Pois vou enviar un correo a Suso e a ver que me di. Xa vos manteño ao día.

Saúdos.

2010/4/2 Manuel Souto Pico m.soutopico en gmail.com:
 Ola Keko (e tutti),

 Corresponderíalle ao coordinador saínte dicir isto, pero que máis ten quen 
 o
 diga, non?

 Por seis votos a favor (incluído o meu) e ningún en contra, acabas (hai dous
 días) de ser nominado como novo coordinador :) Salve!

 Aínda que, se non me engano, para efectuar o relevo oficial tes que
 contactar co Suso, para que el informe a xente da Fundación. Supoño que el
 tamén che dará indicacións sobre cómo proceder a partir de agora.

 Boa sorte e moito ánimo. Ficamos ao teu dispor e á espera de que comeces a
 repartir traballo.

 Unha aperta e boa Semana Santa (non choredes coas procesións, por favor! ;)

 Manuel


 2010/3/26 Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com

 Ola a todos.

 Alegrame que a xente lle parece ben a candidatura de Trasno que nunha
 primeira etapa teríame a min como coordinador.

 Con respecto ao equipo co que contaría, pois con toda a xente, pero
 estou a procura de persoas dentro de Trasno que lle poidan adicar unha
 boa cantidade de tempo, principalmente polo grado de confianza de
 comezar con xente que un xa coñece. O bo que ten que Trasno colla as
 rendas é que ten unha boa cantidade de man de obra que para momentos
 moi puntuais se poden por arreo con Mozilla (se consigo que a
 planificación do traballo e o reparto non coincida temporalmente cos
 outros proxectos nos que traballan).

 Vou a intentar ser un coordinador que realmente coordina o traballo.
 Sobre todo vaise buscar a transparencia e a información constante do
 traballo que se realiza e como. E como ben di Méixome, deixar o camiño
 preparado para os futuros coordinadores e a xente que queira levar as
 rendas e traballar para ter en galego os produtos de Mozilla.

 Agora estou liado, pero o fin de semana seguro que nos vemos moitos
 pola XGN e podemos falar con calma, xa que a OSL vai montar un Punto
 de Información con outras asociacións para promocionar o Software
 Libre e concretamente os estándares abertos xa que o mércores 31
 celebrase o DocumentFreedomDay. Aínda que sexa publicidade temos nova
 na web da OSL: http://www.usc.es/osl/?q=document-freedom-day-10

 Sen máis, un saúdo a todos e a ver se podemos saír o máis pronto
 posíbel desta situación de indefinición na que estamos.

 Coidarse.

 2010/3/26 Manuel Souto Pico m.soutopico en gmail.com:
  Bravo, Antón :)
  Apertas, Manuel
 
 
  2010/3/26 Anton Méixome meixome en certima.net
 
  Keko: 5/5
  Outros: 0/0
  Votaron: damufo, ifrit, David, Leandro, Méixome
 
  O seguinte desfogo podédelo obviar.
 
  Efectivamente tameń creo que hai que dar saída a esta etapa; a
  candidatura de Keko é unha boa opción en si mesma.
  Por outro lado, agradezo a Manuel a súa dispoñibilidade incondicional.
 
  Aposto pola transversalidade do traballo de localización.
  Parécenme superpertinentes os apuntamentos de Manuel sobre a utilidade
  de integrar os futuros tradutores profesionais
  en formación así como en ter unha coordinación lingüística en 
  paralelo
  á de enxeñaría e institucional de Mozilla.
  En xeral, o tradutor como mediador e non como creador.
 
  O seguimento do traballo concreto é preferible facelo na propia lista
  como di damufo tamén. A función fundamental de
  coordinación debe ser formar aos seguintes coordinadores. A
  sustentabilidade, mesmo a rotación. Hai moitos outros aspectos que
  pode/deben
  ir por outro lado e creo que todos somos conscientes desa
  complementariedade de grupos e persoas.
 
  Debido ao meu compromiso con openoffice, non podo participar en
  Mozilla como o fixen noutras circunstancias
  pero xuntos somos algo, somos útiles e o traballo paga a pena, mentres
  cada un polo seu lado non é ninguén.
 
  Todo se andará se compartimos o estrito respecto polas persoas e o
  amor polo noso idioma, que son as cousas que nos xuntan aquí.
 
  Persoalmente,
 
  Antón
 
 
 
 
  2010/3/25 Jesús xermolinho en gmail.com:
   Coido que se ninguén di nada en contra despois da Semana Sanat Keko
   debería asumir a coordinación e tirar para adiante.
  
   ifrit
  
   2010/3/23 Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com:
   Eu tan só quero dicir que penso que se non hai opinións en contra
   da
   candidatura de Keko, pois xa está, non?
  
   Dígoo porque penso que a maioría da xente da lista non vai emitir
   voto
  
   pero é unha opinión, en calquera caso eu tamén apoio a candidatura
   de
   Keko.
  
   Penso que o importante é rematar con este debate canto antes, polo
   que
   apoio
   a idea de poňer como data límite até fin de mes.
  
   Se hai que votar para acabar xa ca indecisión esta dunha vez, pois
   voto. Aínda así non considero que o meu teña especial valor dada a
   miña pouca participación na tradución de Mozilla nos últimos cinco
   anos.
  
   Keko: 4/4
   

[Galician] Relevo na coordenación

2010-04-02 Conversa Manuel Souto Pico
://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
  
  
  
  
   --
   
   Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
   Visit our blog of fast food of the world:
   http://capitulocerdo.blogaliza.org
   Visit my personal weblog: http://mediapinta.blogaliza.org
   Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
   
   ___
   Galician mailing list
   Galician en mozdev.org
   https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
  
 
 
 
  --
  Leader of openOffice.org GL
  http://gl.openoffice.org
  ___
  Galician mailing list
  Galician en mozdev.org
  https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
 
 
  ___
  Galician mailing list
  Galician en mozdev.org
  https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
 
 
 ___
 Galician mailing list
 Galician en mozdev.org
 https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

-- pr�a parte --
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: 
http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100402/a86cf331/attachment.html