[Galician] Elmo - o futuro portal de localización de mozilla

2011-05-19 Conversa ifrit
Ten boa pinta, si, pero o interesante sería que quitara traballo, non que
creara máis :) A ver como vai...

2011/5/19 Enrique Estévez Fernández 

> Ola.
>
> Non sei se algúns coñeciades este proxecto, pero eu coñecino hoxe.
> Parece que están desenvolvendo un portal para agrupar todo o
> relacionado coa tradución dos produtos de Mozilla. Polo que se ve nos
> bocetos non ten mala pinta. A min o que máis me gusta e que faga
> estatísticas das traducións para ver os progresos do traballo. Non
> puiden indagar moito, xa que agora non teño tempo para isto, pero ahí
> vos quedan unhas ligazóns do que atopei:
>
> https://wiki.mozilla.org/Elmo
>
> https://wiki.mozilla.org/Elmo/Planning
>
> http://people.mozilla.com/~chowse/drop/l10n/wireframes/v1/
>
> http://elmo.lqbs.fr/tpl/
>
> A verdade é que pinta ben, pero pórse con todo desde cero vai ser
> moito traballo de novo. Estas últimas semanas está sendo un cristo,
> cada día parece que crean un novo repositorio de código e outro de
> localización. A ver se teño tempo e fago un croquis con todos, para
> que vexades a loucura que teñen montada. A verdade é que a xente
> estase a queixar, que xa non teñen espazo no disco duro, que si podían
> só ter un repositorio centralizado con todas as traducións, etc, ...
>
> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
>
> Comezan a ser moitas versións e/ou ramas para produtos de mozilla.
>
> Un saúdo.
> ___
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 

http://about.me/ifrit

 próxima parte 
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 



[Galician] Elmo - o futuro portal de localización de mozilla

2011-05-19 Conversa Enrique Estévez Fernández
Ola.

Non sei se algúns coñeciades este proxecto, pero eu coñecino hoxe.
Parece que están desenvolvendo un portal para agrupar todo o
relacionado coa tradución dos produtos de Mozilla. Polo que se ve nos
bocetos non ten mala pinta. A min o que máis me gusta e que faga
estatísticas das traducións para ver os progresos do traballo. Non
puiden indagar moito, xa que agora non teño tempo para isto, pero ahí
vos quedan unhas ligazóns do que atopei:

https://wiki.mozilla.org/Elmo

https://wiki.mozilla.org/Elmo/Planning

http://people.mozilla.com/~chowse/drop/l10n/wireframes/v1/

http://elmo.lqbs.fr/tpl/

A verdade é que pinta ben, pero pórse con todo desde cero vai ser
moito traballo de novo. Estas últimas semanas está sendo un cristo,
cada día parece que crean un novo repositorio de código e outro de
localización. A ver se teño tempo e fago un croquis con todos, para
que vexades a loucura que teñen montada. A verdade é que a xente
estase a queixar, que xa non teñen espazo no disco duro, que si podían
só ter un repositorio centralizado con todas as traducións, etc, ...

https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl

Comezan a ser moitas versións e/ou ramas para produtos de mozilla.

Un saúdo.