Re: [terminoloxia] Hit

2018-06-05 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
antes de nada lanceivos cara o AWStats e familia sabendo que nese
ámbito había todos estes conceptos que a xente a veces tende a
traducir do mesmo xeito.

Por se non vos quedou claro a diferencia:
https://www.tendenci.com/help-files/meaning-of-hits-visits-page-views-and-traffic-sources-web-analytics-definitions/


Deica

O 22:29 do 4 de xuño de 2018, Antón Méixome  escribiu:
> acceso(108) s.m.
> glgvisita f.
> enghit
> frainterception n.f.
> fraoccurrence n.f.
> fracoup au but n.m.
> spavisita n.f.[MEX]
> spavisita a la página n.f.[MEX]
> spaacierto n.m.[ARG, MEX]
> spaacceso n.m.[ESP, MEX]
> spapedido n.m.[MEX]
> spahitn.m.[ESP]
> spaimpacton.m.[ESP]
> cataccésn.m.
> cathit n.m.
> catvisita n.f.
> porhit s.m.[BRA, POR]
> porintersepção s.f.[POR]
> porocorrência s.f.[POR]
> itacontatto s.m.ita
> consultazione s.f.
> itavisita s.f.
> itaaccesso s.m.
> ronsuccess.n
>
> http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/internet-galego.pdf
>
> O 21:54 do 4 de xuño de 2018, Antón Méixome  escribiu:
>>
>> Hit
>> Um dos termos mais usados para se medir estatística chama-se hit. Cada vez
>> que um arquivo é chamado do seu site, ele gera um hit. Então, se você tem um
>> arquivo HTML que chame cinco arquivos gráficos, esse documento, quando
>> carregado, irá gerar seis hits (1 para a página HTML e 5 para os arquivos
>> gráficos chamados). Dessa forma, a informação de quantos hits o seu site
>> gera não serve para medir a audiência de seu site, já que um único documento
>> carregado pode gerar inúmeros hits. Infelizmente, muitos sites divulgam as
>> suas estatísticas em forma de hits, o que é um resultado completamente
>> falso.
>>
>>
>> Como cada software mide un pouco a capricho...
>> Eu interpreto, que estritamente non é correcto chamarlle "visita" a un
>> hit, serían "peticións/chamadas ao servidor". E tampouco se debe confundir
>> esas peticións "accesos" con páxinas...
>>
>>
>> Creo que podemos tomar como referencia AWStats, quero dicir, tomar unha
>> decisión de distinguir
>>
>> Visitor
>> Visit
>> Page
>> Hit
>>
>> Por exemplo, para medir cantas páxinas serve un usuario, haberá que tomar
>> o número de pages, non o de hits, nin visits, nin nada diso. Non me gusta
>> acceso, reitero, porque o asocio a unha "visita dun usuario", petición,
>> impacto ou mesmo o anglicismo paréceme mellor. Xa sei que estamos falando de
>> capas diferentes de interacción co servidor.
>>
>> So falta escoller unha forma adecuada, distinguible, para "hit"
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>> O 21:29 do 4 de xuño de 2018, Adrian Chaves  escribiu:
>>>
>>> Vese ben. E moi interesante o exemplo, visit e hit xuntos con
>>> significados distintos, visit con significado de visita/sesión e hit con
>>> significado de acceso/visita/visión dunha páxina.
>>>
>>> On 2018-06-04 21:04, Dani wrote:
>>>
>>> Boas:
>>>
>>> Por se axuda:
>>>
>>> Esta é unha cabeceira dunha das táboas de awstats
>>>
>>> Month Unique visitors Number of visits Pages Hits
>>> Bandwidth
>>> Jan 2018 12,217 34,585 116,141 807,465 22.93 GB
>>>
>>>
>>> en galego pinta así:
>>>
>>> Mes Visitantes distintos Número de visitas Páxinas
>>> Accesos Ancho de
>>> banda
>>> Xan 2018 12,217 34,585 116,141 807,465 22.93 GO
>>>
>>>
>>> Penso que neste caso aceso é mellor opción que visita.
>>>
>>> Non sei que tal o veredes, por se acaso envío anexa unha imaxe, non sei
>>> se a lista as admite.
>>> Por favor, que alguén confirme que chegou a mensaxe.
>>>
>>>
>>> Dani
>>>
>>> On 04/06/18 20:19, Antón Méixome wrote:
>>>
>>> Pois sinceramente «acceso» paréceme mala tradución. Tan mala como
>>> traducila por «acerto, suceso» ou cousa semellante.
>>> Como traduces logo "access"
>>> Ademais de que un accede a algo que está protexido, mediante permiso,
>>> mérito ou algo así. Nada que ver.
>>>
>>> O sentido de access en inglés debe ser unha elipse "access to this
>>> website throughpage X"
>>>
>>>
>>> Sen dúbida opto por «visita»
>>>
>>>
>>> O 14:54 do 3 de xuño de 2018, Leandro Regueiro
>>> mailto:leandro.regue...@gmail.com>>
>>> escribiu:
>>>
>>> E na tradución de Webalizer, Typo3 (que tamén están na lista de TMXs)
>>> tamén se emprega «acceso».
>>>
>>> O 14:43 do 3 de xuño de 2018, Leandro Regueiro
>>> mailto:leandro.regue...@gmail.com>>
>>> escribiu:
>>> > Ola,
>>> > creo que no AWStats se traduciu como «acceso». O TMX está en
>>> > http://trasno.gal/memorias-de-traducion/
>>> 
>>> >
>>> > Ademais quizais nas traducións de outros softwares haxa máis
>>> > aparicións de «hit» (penso en WordPress, Spip, Joomla, etc.)
>>> >
>>> >
>>> > Deica
>>> >
>>> > O 08:24 do 3 de xuño de 2018, Dani >> > escribiu:
>>>

Re: [hunspell] Dicionarios personalizados por especialidades

2018-06-05 Conversa Adrian Chaves
> [C]omo ten que facer o usuario final para cambiar de versión? 
> Desinstalar a actual e instalar unha nova?

Por desgraza sí. Os correctores de Hunspell van por idioma. O dos 
módulos é algo noso para permitir que un usuario poida ter maior 
liberdade á hora de confeccionar o seu corrector de galego, non para 
poder confeccionar varios e ir cambiando dun a outro sobre a marcha. 
Aplicacións concretas (e.g. LibreOffice) poderían permitir ese caso de 
uso, pero non sei de ningunha que o faga.

> [E]spero que para xerar os módulos non haxa que saber Python […] e 
> abonde con ir aplicando as regras que aparecen en 
> [/]src/norma/xeral.aff

Correcto, non fai falla saber Python, só saber aplicar esas regras. E 
probablemente non necesitedes nin aprender esas regras como tal, podedes 
buscar palabras do DRAG no módulo /src/rag/gl/correcto.dic que flexionen 
do mesmo xeito que o léxico que vaiades extraer de bUSCatermos e 
basearon nelas. Sorprenderíame que necesitásedes novas regras, pero se 
así fose, non debería ser complicado axudarvos.

O de Python (ou calquera outra linguaxe de programación) o propuña como 
unha forma que teríades para, unha vez engadido todo o léxico que 
queirades a hunspell-gl, poder xerar de maneira automatizada a lista de 
palabras flexionadas correspondente a cada distribución do corrector de 
galego de Hunspell que xeredes, para así poder xerar o corrector 
equivalente para Microsoft Word sen necesitade de facer traballo a man. 
Vamos, para escribir un programiña que vos faga a conversión de Hunspell 
ao que queira que use o Word.

Todo isto asumindo que Microsoft Word non é compatíbel con Hunspell, e 
que para construír un corrector para Word necesitades basicamente a 
lista enteira das palabras flexionadas. Pero non teño nin idea de se 
estas dúas afirmacións son certas, asumino en base ao que indicaba a túa 
mensaxe orixinal, non estou familiarizado co sistema de corrección 
ortográfica de Word.

On 2018-06-05 11:49, RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE wrote:

> Ola Adrián e Antón,
> 
> Por empezar respondendo polo doado: polo tema das licenzas e de 
> traballar en GitHub non debería haber problema ningún.
> 
> Pero a partir de aquí pouco máis teño ca dúbidas e preguntas. Comezo 
> por unha de concepto:
> Fala Adrián de que o corrector permite "ter varias versións con 
> vocabulario distinto segundo as necesidades do usuario". Entendo que 
> iso significa que eu podo deseñar e "empaquetar para a distribución" 
> versións do corrector que sexan, por exemplo 'xeral + dereito', 'xeral 
> + química', 'xeral + dereito + química', etc.
> 
> Pero pregunto: como ten que facer o usuario final para cambiar de 
> versión? Desinstalar a actual e instalar unha nova? Ou pode simplemente 
> ter varias instaladas e 'residentes' e ir activando/desactivando as que 
> necesite, como se pode facer agora cos dicionarios personalizados?
> 
> Entrando xa en aspectos máis técnicos... Creo que entendo a lóxica que 
> está detrás da creación dos distintos 'dicionarios' (ou módulos do 
> corrector):  créase un módulo para a terminoloxía de cada un dos 
> ámbitos temáticos, e despois fanse paquetes á carta combinando da forma 
> que se queira eses módulos.
> Pero espero que para xerar os módulos non haxa que saber Python (porque 
> non teño nin idea) e abonde con ir aplicando as regras que aparecen en 
> https://github.com/meixome/hunspell-gl/blob/master/src/norma/xeral.aff.
> Se é así, creo que vou precisar algunha axuda para aplicar a sintaxe 
> das regras ás listas de léxico que extraiamos de bUSCatermos.
> 
> En fin, moitas grazas pola axuda e pola boa colaboración, e seguimos 
> falando.
> 
> Xusto
> 
> -Mensaxe orixinal-
> De: Adrian Chaves [mailto:adr...@chaves.io]
> Enviado: luns, 04 de xuño de 2018 18:32
> Para: Lista de correo de Proxecto Trasno
> RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE
> Asunto: Re: [hunspell] Dicionarios personalizados por especialidades
> 
> Como dixo Antón, deixade esa loucura :)
> 
> Hai uns anos reestruturamos as fontes do corrector de Hunspell para
> galego, modulariándoo, de xeito que permitise precisamente o que
> queredes, ter varias versións con vocabulario distinto segundo as
> necesidades do usuario. De feito un deses módulos chámase «usc», e
> contén abreviaturas, siglas e símbolos extraídos de documentación da
> USC¹.
> 
> A miña recomendación:
> 1. Engadide os módulos que queirades dentro do módulo «usc» do proxecto
> «hunspell-gl».
> 2. Xerade a lista de palabras para Microsoft Word a partir do de
> hunspell-gl.
> 
> A documentación sobre como crear módulos de hunspell-gl non está moi
> completa (temos traballo pendente nesta área), pero non debería ser
> complicado, un compañeiro de Trasno que se meteu a colaborar hai nada
> non necesitou máis que unha tarde. Mentres todo o voso vocabulario
> flexione de forma similar a vocabulario do DRAG, non teredes máis que
> copiar e pegar dos módulos existentes e modificar a palabra base. Unha
> mesma palabra con todas as súas