Mozilla 1.0 RC1 en galego
Está dispoñible dende onte a traducción do Mozilla 1.0 RC1; é a segunda traducción do Mozilla 1.0 RC1 que hai dispoñible (a primeira foi a do polaco). Podedes descargala de dous xeitos, principalmente: 1- Ides a http://www.trasno.net/aplicacions/ e premedes na ligazón de Instalación da versión 1.0 RC1 2- Ides a http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#moz_1.0rc1 e premedes na ligazón mac/unix/win do galego. De calquera dos dous xeitos, así ides instala-lo paquete de idioma galego (tedes que vos asegurar, se usades un sistema operativo con varios usuarios, de que estades a executa-lo Mozilla co usuario que o instalou). Cando estea feito, pechade o Mozilla, e co voso usuario normal volvédeo abrir; escollede o menú Edit e dentro del Preferences Dentro da caixa de diálogo que apareza, escollede (á esquerda) o apartado Appearance e dentro del, Languages and Content. Escollede o galego, dádelle a Ok, reiniciade o Mozilla, e listo :-) -- Tarrío (Compostela) -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo unsubscribe na mensaxe
Re: Mozilla 1.0 RC1 en galego
Jacobo Tarrio wrote: Está dispoñible dende onte a traducción do Mozilla 1.0 RC1; é a segunda traducción do Mozilla 1.0 RC1 que hai dispoñible (a primeira foi a do polaco). Parece incrible o rápido que as sacas, máis cedo que as de castelan, sen máis verbas que un gracias me deixas ;-) Podedes descargala de dous xeitos, principalmente: 1- Ides a http://www.trasno.net/aplicacions/ e premedes na ligazón de Instalación da versión 1.0 RC1 2- Ides a http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#moz_1.0rc1 e premedes na ligazón mac/unix/win do galego. De calquera dos dous xeitos, así ides instala-lo paquete de idioma galego (tedes que vos asegurar, se usades un sistema operativo con varios usuarios, de que estades a executa-lo Mozilla co usuario que o instalou). Cando estea feito, pechade o Mozilla, e co voso usuario normal volvédeo abrir; escollede o menú Edit e dentro del Preferences Dentro da caixa de diálogo que apareza, escollede (á esquerda) o apartado Appearance e dentro del, Languages and Content. Escollede o galego, dádelle a Ok, reiniciade o Mozilla, e listo :-) -- Ollo por ollo... e o mundo quedará cego --*Gandi*-- -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo unsubscribe na mensaxe
Fw: Linux e a administración
Perdón: http://www.linex.org. -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo unsubscribe na mensaxe