Está dispoñible dende onte a traducción do Mozilla 1.0 RC1; é a segunda
traducción do Mozilla 1.0 RC1 que hai dispoñible (a primeira foi a do
polaco).

 Podedes descargala de dous xeitos, principalmente:

 1- Ides a http://www.trasno.net/aplicacions/ e premedes na ligazón de
"Instalación" da versión 1.0 RC1
 2- Ides a http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#moz_1.0rc1 e
premedes na ligazón "mac/unix/win" do galego.

 De calquera dos dous xeitos, así ides instala-lo paquete de idioma galego
(tedes que vos asegurar, se usades un sistema operativo con varios usuarios,
de que estades a executa-lo Mozilla co usuario que o instalou). Cando estea
feito, pechade o Mozilla, e co voso usuario normal volvédeo abrir; escollede
o menú "Edit" e dentro del "Preferences...".

 Dentro da caixa de diálogo que apareza, escollede (á esquerda) o apartado
"Appearance" e dentro del, "Languages and Content". Escollede o galego,
dádelle a "Ok", reiniciade o Mozilla, e listo :-)

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a