Nova moi interesante

2009-05-19 Conversa Alejo Pacín Jul
Boas.

Acabo de subir de xantar e ler a prensa e na Voz (si, non había outra cousa
¬¬) ven un artigo moi interesante sobre os recursos dispoñibles na rede das
distintas línguas do estado.

Pásovos os enlaces, xa que son un artigo principal e varios subartigos.

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/19/0003_7727055.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/19/0003_7727056.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/19/0003_7727057.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/19/0003_7727058.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/19/0003_7727059.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/19/0003_7727060.htm

Sinto non dárvolo un pouco máis mastigado, pero ando un pouco liado estes
días. Agardo que vos sexa de utilidade.


Re: [G11n] [glosario] commit - proposta inicial SVN

2009-05-19 Conversa Antón Méixome
2009/5/19 damufo dam...@gmail.com




 Creo que o camiño que debemos tomar fica claro. Cando escribimos nós un
 texto orixinal debemos diferenciar o valor especializado de cartafol
 (interface) fronte a directorio (un camiño) mentres que cando traducimos é
 mellor non meterse e utilizar a equivalencia automática, folder-cartafol e
 directory-directorio. Non son equivalentes.




  Vaia pois eu non concordo. Se traduzo é para que se entenda e usar na
 mesma frase cartafol e directorio (referindose ao mesmo) porque o texto
 orixinal así está, non me parece claro, para min é como traducir na mesma
 cadea window por fiestra e por xanela.
 Por outra banda non acabo de diferenciar entre cando usar un ou outro
 (poida que este sexa realmente o que me crea o conflito), no meu caso na
 tradución do joomla non sei cando debería usar directorio e cando cartafol,
 acaso non é todo entorno gráfico?


Pois aí o tes
Iso é o que eu digo cando afirmo que hai casos en que sendo termos distintos
se neutraliza a diferenza. Como pode ser iso? porque non sempre se utiliza
a terminoloxía en modo estrito nin sequera no caso das traducións
profesionais (por exemplo é habitual que un intérprete dun congreso de
especialistas acabe adoptando os usos informais e todo o mundo se entende e
ninguén interpreta que o que fala non sabe do asunto. Pero nun manual de
formación, por exemplo, a terminoloxía adoita ser significativa e por
tanto non se usa indistintamente). No caso que presentas eu optaría por unha
única solución, porque NESE caso non hai diferenza. E cal utilizar das dúas?
Se aprecias incongruencia no texto orixinal e estas a manexar contedores
en interface gráfica será cartafol sen dúbida, se estamos a proporcionar
enderezos para unha instalación eu diría directorio. Temos a diferenza
porque temos os dous termos xa que non son equivalentes pero en moitos casos
non é rendible distinguir.

Antón


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.