2009/5/19 damufo <[email protected]> > > >> >> Creo que o camiño que debemos tomar fica claro. Cando escribimos nós un >> texto orixinal debemos diferenciar o valor especializado de cartafol >> (interface) fronte a directorio (un camiño) mentres que cando traducimos é >> mellor non meterse e utilizar a equivalencia automática, folder-cartafol e >> directory-directorio. Non son equivalentes. >> >
> >> Vaia pois eu non concordo. Se traduzo é para que se entenda e usar na > mesma frase cartafol e directorio (referindose ao mesmo) porque o texto > orixinal así está, non me parece claro, para min é como traducir na mesma > cadea window por fiestra e por xanela. > Por outra banda non acabo de diferenciar entre cando usar un ou outro > (poida que este sexa realmente o que me crea o conflito), no meu caso na > tradución do joomla non sei cando debería usar directorio e cando cartafol, > acaso non é todo entorno gráfico? > Pois aí o tes Iso é o que eu digo cando afirmo que hai casos en que sendo termos distintos se "neutraliza" a diferenza. Como pode ser iso? porque non sempre se utiliza a terminoloxía en modo "estrito" nin sequera no caso das traducións profesionais (por exemplo é habitual que un intérprete dun congreso de especialistas acabe adoptando os usos informais e todo o mundo se entende e ninguén interpreta que o que fala non sabe do asunto. Pero nun manual de formación, por exemplo, a terminoloxía adoita ser "significativa" e por tanto non se usa indistintamente). No caso que presentas eu optaría por unha única solución, porque NESE caso non hai diferenza. E cal utilizar das dúas? Se aprecias incongruencia no texto orixinal e estas a manexar "contedores" en interface gráfica será "cartafol" sen dúbida, se estamos a proporcionar "enderezos" para unha instalación eu diría "directorio". Temos a diferenza porque temos os dous termos xa que non son equivalentes pero en moitos casos non é rendible distinguir. Antón > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

